MALALA YOUSAFZAI

 Malala a nena paquistaní que loita pola educación dos nenos e nenas no seu país. 
 Nacida en Swat, Jaiber Passtunjué, Paquistán. Seu pai é Ziauddin Yusafzai e ten dous irmáns. Fala pastún e inglés, e é coñecida polo seu activismo a favor dos dereitos civís, especialmente dos dereitos das mulleres no vale do río Swat, onde o réxime talibán prohibiu a asistencia a escola das nenas. 
A idade de 13 anos, Malala Yúsafzai alcanzou notoriedade ao escribir nun blog para a BBC baixo o pseudónimo Gul Makai, explicando a súa vida baixo o réxime de Tehrik e Taliban Paquistan (TTP) e os seus intentos de recuperar o control do vale tras a ocupación militar obligáralles a saír ás zonas rurais. 
Os talibáns obrigaron ao peche das escolas privadas e prohibiuse a educación das nenas entre 2003 e 2009. Atentado:
 O 9 de outubro de 2012 en Mingora, foi vítima dun atentado por un miliciano do TTP, o cal lle disparou en repetidas ocasións cun fusil dándolle no cranio e no pescozo, polo cal foi intervida quirúrxicamente. O portavoz do TTP Ehsahullah Ehsan, afirmou que intentaría matala de novo. Duas estudantes foron tamén feridas xunto a Malala mentres se dirixían a súa casa nun autobús escolar. Ela foi trasladada en helicóptero a un hospital militar. Nos arredores do colexio onde estudan as xoves atacadas centos de persoas saíron a rúa a protestar polo feito. Os medios paquistaníes e os de nivel mundial lle deron ampla cobertura. O atentado suscitou inmediatamente a condena internacional e Malala recibiu o apoio de varios líderes mundiais como Barack Obama e personaxes públicos como Madonna. 
O 15 de outubro de 2012 foi trasladada ao Hospital Reina Isabel de Birmingham, no Reino Unido, para seguir coa súa recuperación. Continuou coa súa recuperación e foi sometida a unha cirurxía reconstrutiva, e dada de alta no hospital o día 4 de xaneiro de 2013. 
 PREMIOS. Entre outros:
 Malala Yusufzai recibiu o Premio Nacional pola Paz en 2011 que otorga Paquistán, pola defensa da educación das nenas. 
O grupo pro dereitos dos nenos KissRights Foundatión incluíu a Malala entre o nominados para o Premio Internacional dos nenos pola Paz, sendo a primeira nena paquistaní nominada para o mesmo. Recibiu o premio Simone de Beauvoir en 2013. 
En 2014, recibe o Premio Nobel de la Paz pola súa loita contra a supresión dos nenos/as e xóvenes e polo dereito de todos os nenos/nas a educación.

 "Volver ao colexio faime moi feliz. Meu soño é que todos os nenos no mundo poidan ir a escola porque é un dereito básico”. 
                                                 Malala Yousafzai, 19 de marzo de 2013. 








Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN