PROBAS LIBRES DE IDIOMAS NAS EOI

Ábrese o prazo para matricularse nas probas libres de idiomas nas Escolas Oficiais de Idiomas:  9 ao 26 de marzo de 2015
A matrícula na modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrecen as distintas Escolas.
Requisitos:
  • Ter cumpridos 16 anos antes do 31 de decembro do ano no que se celebren as probas, ou 14 anos para calquera idioma distinto do que se está a cursar como 1ª lingua estranxeira n ESO
  • Para presentarse ao C1, hai que certificar previamente o nivel B2
Para mais información, consulta a guía para persoas candidatas

Características das probas libres:
- Só hai convocatoria de xuño.  Polo que é conveniente que consultes as datas das probas antes de matricularte, porque non se cambian e non se devolve o importe da matrícula. 
- A matrícula só da dereito a unha convocatoria.  Se queres volver a presentarte, tes que volver a matricularte. 
- Podes presentarte ás veces que queiras.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN