PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS EN ESPAÑA




O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de FP de Grao Medio, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Ensinanzas Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado.

Número máximo de becas: 2.000. 
Duración:  Unha semana en réxime de internado e pensión completa a partir do 30 de xuño e durante o mes de xullo de 2015. 
Prazo de solicitude: Do 17 de Marzo o 09 de Abril, ambos incluídos
Prezo:A  adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Con todo, para completar o prezo total do curso os alumnos aboarán 100 euros.

Requisitos:
  • Ter nacido entre o 1 de xaneiro do 1995 e o 31 de decembro do 1998 e estar matriculado no curso 2014-2015 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato; Ensinanzas profesionais de música e danza; Grao medio de Formación Profesional; Grao medio de artes plásticas e deseño; Grao medio de ensinanzas deportivas, e Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
  • Ter obtido no curso 2014-2015 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme á convocatoria de bolsas de carácter xeral para estudantes que cursen estudos posobrigatorios.
  • Ter aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.
Solicitude: Deberase cubrir mediante o formulario accesible por internet no enderezo www.mecd.gob.es.
Páxina web: 
Contacto:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte 
Los Madrazo, 15
28014 Madrid
Teléfono: 913277681 


Fonte: Silvina Paricio Orienta

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN