V XORNADAS DE ORIENTACIÓN

Este martes e mércores (24 e 25 abril) o alumnado de 2º de Bacharelato, xunto cos seus titores e o orientador do instituto, asistirán ás xornadas de orientación que se celebran no auditorio de Cangas.
Espero que sexan do voso agrado.

Esta tarde, ás 7, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, tivo lugar o acto de presentación das V Xornadas de Orientación Académica e Profesional do Morrazo.


Mañá, martes 24 de marzo, darán comezo as charlas dirixidas ao alumnado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e Educación de Adultos.
 
Desenvolvéranse 3 mesas redondas:

  • De 9:30 a 11:00 h., terá lugar a 1ª das charlas-coloquio, a cargo de Luis Herbella, presidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia.  Falará do acceso á universidade dende o Bacharelato, dos títulos propios das universidades galegas e das dobres titulacións.
  • De 11:30 a 13:15h,. haberá dúas mesas redondas simultáneas: Unha sobre a Formación Profesional de Grao Superior: acceso, estrutura, titulación; tamén se abordará a Formación Profesional Dúal, contando cos dous profesores do CIFP Politécnico de Santiago. Outra sobre as Ensinanzas Especiais: ensinanzas artísticas superiores, ensinanzas deportivas e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Nas mesas redondas, contarase coa presencia de alumnado que está cursando as ensinanzas que se abordan.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN