PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS PARA O CURSO 2015/2016

Actualizada toda a información relativa ao proceso de admisión a ciclos formativos para o curso 2015-2016. 
 - Admisión grao medio 
- Admisión grao superior 
Prazo de admisión de solicitudes: 
- Do *17 de xuño* ao *2 de xullo* de 2015 en período ordinario para quen cumpra os requisitos en xuño. - Do *1* ao *11 de setembro* de 2015 en período extraordinario. 

O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o 17 de xuño ata o 2 de xullo ás 13.00 horas.



INFORMACIÓN 
PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2015/2016 
INSTRUCIÓNS XERAIS 
ENLACE FOLLETOS INFORMATIVOS 
EFERTA DE CICLOS E OS CÓDIGOS CORRESPONDENTES 


Réxime ordinario
Este réxime está organizado en cursos, normalmente dous, en quendas de mañá e tarde.
A asistencia ás clases é obrigatoria.
O alumnado que estea en condicións de pasar a segundo curso deberá realizar unha solicitude de admisión aínda que terá a praza garantida sempre que sexa no mesmo centro.
O alumnado que teña que repetir o curso terá que realizar unha nova solicitude de admisión, aínda que terá a praza garantida sempre que repita por primeira vez no mesmo centro e ciclo.

Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.
A asistencia ás clases é obrigatoria.
Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.
Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.
Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor do curso.
Nos módulos de ciclos da LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir os requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.
Para a obtención do título será preciso cumprir os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.
Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN