SELECTIVIDADE 2015

Antes do exame:

. Encontrar o sitio axeitado para repasar.

. Non tomar fármacos nin bebidas enerxéticas en exceso.

. Intentar durmir un mínimo de sete horas.

. Non se poñer en contacto con amigos que estean moi nerviosos.

. Preparar o material necesario para realizar o exame o día anterior.

. Se é posible, visitar o edificio onde vai ser o exame.
 
O día do exame, antes da proba:

. Ir sen présas ao exame.

. Non ir co estómago vacio.

. Evitar o último repaso a fondo.

. Non comentar o temario cos compañeiros antes do exame.

. Se notan que están tensos, practicar técnicas de relaxación.
 
Durante a proba:

. Ler todas as preguntas e empezar polas que mellor saiban.

. Intentar controlar o tempo en todo momento.

. Deixar tempo para repasar, ollo ás faltas de ortografía, se non se está seguro de como se escribe unha palabra, poñer un sinónimo.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN