AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2015/2016

Obxecto da convocatoria
O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.
A finalidade das axudas é adquirir material escolar. 
   

1. Axudas material escolar: requisitos

a) Ser pai, nai, titor ou titora do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

2. Axudas material escolar: Lugar e prazo de presentación solicitudes

Lugar de presentación
As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado/a o/a alumno/a,  utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se a persoa solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

Inicio do prazo: 02.09.2015
Fin do prazo: 01.10.2015

3. Axudas material escolar: solicitudes e documentación

1. As solicitudes poderán obterse na guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Or­denación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato PDF do portal educativo no enderezo electrónico  http://www.edu.xunta.es
Unha vez cuberta a solicitude e asinada polo pai, nai, titor/a do alumna­do deberá presentarse, xunto coa documentación. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.
A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá xerar a solici­tude unha vez introducidos os datos polo centro (acceder á aplicación).
Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado/a o/a alumno/a, achegarase orixinal e copia da documentación que se acompaña, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. En caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.

A documentación que hai que achegar:

a) Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
b) Composición da unidade familiar. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros.
Se non ten libro de familia ou se este non reflicte a situación familiar a 31.12.2013, poderá acreditar esta situación, entre outros, por algún dos seguintes medios:
            -Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
c)Renda. Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, en defecto desta, do certificado tributario de imputacións dos membros da familia.
d)Discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberán presentar un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a  31.12.2013:
- Certificado xustificativo do grao de discapacidade.
- Documento que acredite a percepción de pensión da Seguridade Social de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de invalidez de clase pasivas.
e) Documentación acreditativa da situación de violencia de xénero.

4. Axudas material escolar: contía e data máxima para usar o vale

O importe da axuda para a adquisición de material escolar será de 50 euros para cada alumno/a beneficiario/a.
A data máxima para usar os vales para a adquisición do material escolar será o 31.10.2015 (este incluído).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN