jueves, 3 de diciembre de 2015

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A celebración ten por obxecto fomentar a igualdade de dereitos das persoas con discapacidade e concienciar dos beneficios que se derivan da integración destas persoas en todos e cada un dos ámbitos da vida (cultural, deportivo, educativo, ...) A conmemoración deste Día Internacional ofrece ao persoal docente a oportunidade de promover actividades encamiñadas a mellorar as actitudes que mostran os adolescentes cara ás persoas con discapacidad, de tal xeito que as vexan como iguais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario