lunes, 11 de enero de 2016

CHARLA SOBRE A LEI DO MENOR

Hoxe pola mañá, e trala solicitude feita polo Departamento de Orientación, Rafael, a persoa encargada de dar a charla da asociación ARELA de Pontevedra, desprazouse ao noso instituto para informar ao alumnado de 3º ESO dos aspectos relevantes da Lei do Menor.
O obxectivo de dita charla era a de previr condutas que os leven a cometer infracións, facendo especial fincapé nos riscos que implican as redes sociais.
Esta actividade está recollida dentro do programa "Katorce-18" que a asociación ARELA desenvolve en distintos centros educativos. Este programa quere achegar a Lei do Menor, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, a institutos e colexios de Galicia para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario