DÍA DE ACOLLIDA

Hoxe tivemos a visita do alumnado de 4º ESO do IES ILLA DE ONS e do CPI CURROS ENRÍQUEZ xunto coa súas orientadoras e tamén algún profesor acompañante.
As 10:00 estaban xa non centro e listos para comezar coa charla sobre orientación académica e contarlle algo do noso instituto. Coa colaboración de dous alumnos de 1º de bacharelato (Caterina e Iván), que explicaron as diferentes dependencia do centro, procedimos a facer a visita polo centro. Estivo ben, gustoulles.
Logo conviencia en momentos de ocio, e dicir, estiveron con antiguos compañeiros no recreo.
Ás 12.00 h. quedamos na porta principal, sacamos a foto de rigor e despedímonos, non sabemos si un ata dentro de pouco (o próximo curso) ou un adeus.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN