DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ
Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día internacional da non-violencia e da paz.
No Pedro Floriani conmemoramos este día dando protagonismo durante a xornada ao Equipo de mediación do instituto. Houbo un "stand" de mediación, onde alumnos e alumnas podían recibir información acerca do seu funcionamento a través dos propios mediadores/as.
Ademais, ás 12:00 horas, entre as dúas representacións musicais que organizou o profesor de música, Álvaro, os nosos mediadores máis veteranos leeron unhas frases pola paz e a tolerancia no patio.
Grazas a todos e todas por participar!!!
Comentarios
Publicar un comentario