SAÍDA DE FP BÁSICA Á PROXECCIÓN DE "VIDA", EN VIGO

Hoxe mércores, tivemos a sorte de acudir co alumnado de FP básica de Electricidade e electrónica e Administrativo e os seus titores/as á proxección do documental "Vida, máis ca vida" e a posterior curtametraxe "Vida", do director e actor galego Rubén Riós.


A actividade tivo lugar no auditorio Afundación de Vigo, e foi o propio director quen explicou, moi intimamente, como xurdiu este proxecto e porque o levou a cabo deste xeito.


Na curtametraxe participan actrices e actores recoñecidos por todos, así como xente anónima, con diversas discapacidades. O documental previo recolle o proceso de selección das persoas que participan, as súas ilusións, os seus medos e a forma en que superaron con éxito as súas dificultades.

Ao final das proxeccións, a presenza dos protagonistas da obra foi fantástica, así como o diálogo que se produciu co público, moi cercano e emocionado.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN