REUNIÓN DO EQUIPO DE MEDIACIÓN
Hoxe tivemos a reunión deste terceiro trimestre do equipo de mediación do IES (botamos de menos aos que non puideron vir).
Aproveitamos para quedar a comer e revisar, despois, como se desenvolveron as últimas actuacións, que cousas podemos mellorar e nos organizamos para dar información a alumnado interesado en formarse como mediadores/as.
O máis importante para o final: decidir a excursión que faremos neste curso :)
Grazas a todos/as!
Comentarios
Publicar un comentario