FORMACIÓN MEDIACIÓN-ÚLTIMA SESIÓN

Onte tivemos a última sesión do curso de formación de mediadoras/es deste ano. Que rápido se pasou!

Tras 4 sesións connosco, Bibiana, de Alicce, acudiu ao IES para facer novas dinámicas grupais e ensinarnos os papeis das persoas mediadoras con simulacros de conflitos a mediar.




Temos que agradecer o bo facer de Bibiana e a súa implicación. O alumnado quedou moi contento cos seus diplomas e quixemos agasallala cunha chapa do equipo.



Agora comeza unha nova fase de práctica e aprendizaxe xunto cos mediadores/as máis experimentados. 


Contamos así cun equipo de 20 mediadores no Floriani, do que estamos moi orgullosas!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN