LESIÓNS MEDULARES-COGAMI

Cogami, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, ofreceunos hoxe unha charla acerca das lesións medulares.


Dende a sede de Vigo acudiu ao IES Xulia Garrido, traballadora social, que xunto con Iván, usuario con mobilidade reducida por tetraplexia, explicaron que é unha lesión medular, tipos (tetraplexia, paraplexia) cales son as principais causas destas e as súas consecuencias, ademais de datos de interese como a incidencia por idades e xénero e nas distintas provincias galegas. 



Iván contou, con gran xenerosidade, a súa experiencia como persoa cunha discapacidade adquirida debido a unha lesión medular aos 19 anos, cando se bañaba nun río no cal non se distinguía ben o fondo.

Falounos da importancia das persoas que traballan como asistentes persoais, como Noemí, a súa acompañante nesta xornada e presente a diario na súa vida. 



Os vídeos sobre a película "Intocable" (que recomendamos sen dúbida) e sobre certas barreiras que padecen persoas cunha discapacidade puxeron o broche final á sesión.


A charla foi dirixida ao alumnado de 4° ESO nesta ocasión, pero esperamos contar con eles para máis charlas no IES.

Grazas pola vosa dedicación!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN