PRIMEIRA SESIÓN DA FORMACIÓN DE MEDIADORES/AS

Hoxe, luns 8 de outubro, tivemos a primeira sesión do curso de formación de novo alumnado mediador.




Tras a comida no patio, subimos á aula onde Bibiana, de Alicce Formación, explicounos en que van consistir estas catro sesións do mes de outubro, fixemos dinámicas grupais para coñecernos mellor e vimos os coñecementos previos que temos acerca da mediación.






Seguiremos coa formación do novo alumnado para despois pasar xa a formar parte do equipo creado en anos anteriores.

O equipo de mediación é unha das propostas que temos no IES para a mellora da convivencia no centro. Esta formación inclúese no presuposto solicitado no Plan de mellora da convivencia, dentro dos Contratos-Programa da Consellería.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN