SAÚDE MENTAL-ASOCIACIÓN LENDA

Hoxe tivemos connosco a Maica, psicóloga da Asociación Lenda de Redondela, que acudiu ao IES con motivo do pasado Día da saúde mental (10 de outubro) para continuar con actividades de divulgación e promoción de hábitos saudables.




Levou a cabo unha actividade a modo de xogo, na que o alumnado participou activamente na definición de condutas saudables ou positivas para manter unha boa saúde mental (zona verde) ou aquelas outras prexudiciais (zona vermella).




Participaron grupos de 1° ESO e 1° Ciclo Medio de Administración, e recibiron un agasallo de parte de Maica pola súa implicación.


Lenda pertence á Federación FEAFES, da que vos deixamos información en publicacións anteriores. 



Esperamos seguir colaborando con eles para coñecer o labor tan importante que levan a cabo. Grazas!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN