XORNADA DE CONVIVENCIA-EQUIPO MEDIACIÓN

Aproveitando o comezo do curso e previo a esta fin de semana longa, fixemos unha xornada de convivencia fóra do IES, para coñecernos un pouquiño máis.



O alumnado do curso pasado e o novo alumnado mediador, en formación, viaxou conxuntamente cara ao baixo miño.




Almorzamos en A Ramallosa, pasamos por Baiona, admiramos a beleza do mar en Oia e tivemos unha visita guiada ao castro de Santa Trega e ao Museo arqueolóxico do mesmo monte. Foi moi interesante e ademais disfrutamos dunhas vistas espectaculares.






Baixamos despois ao pobo de A Guarda e comimos no seu porto, desfrutando do día tan soleado que quedou.



Grazas a todas/todos pola vosa simpatía como sempre. Botamos moito de menos aos que non puideron vir hoxe, Sofía, Lucía e Sergio, e aos xa veteranos Raquel, Irene e Mera. Unha aperta grande!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN