UNITOUR' 18

Este martes 18 estivemos na feira de universidades Unitour 18, no Auditorio "Mar de Vigo", co alumnado de 2° BAC.


Alí puidemos ter información directa das 3 universidades galegas, Vigo, Santiago e A Coruña, e doutras estatais, tanto públicas como privadas. 


Había tamén postos de residencias universitarias e viñemos cargados con un montón de folletos informativos, chapas, bolis...


Para rematar a xornada, participamos nalgunha entrevista para televisión coas nosas opinións acerca de estudos futuros e sobre a importancia das actividades de orientación.





Esta é unha das actividades organizadas polo departamento de orientación sobre orientación académica e profesional para bacharelato.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN