Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

UNITOUR 2019

Imaxe
O martes acudimos co alumnado de 2° bacharelato á feira das universidades celebrada no Auditorio do Mar de Vigo. Alí puidemos obter información de primeira man tanto das universidades galegas (Santiago, Vigo e A Coruña) como doutras estatais. Tamén había escolas específicas de artes e residencias universitarias presentando a súa oferta. As rapazas e rapaces puideron coller folletos, bolsas e bolis, así como facer consultas personalizadas nos distintos postos. Unha boa experiencia que esperamos repetir e que se complementará coas charlas de orientación académica no IES e a visita ao campus universitario, dentro das actividades do programa de orientación académica e profesional para bacharelato.

CHARLA POLICÍA-VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
Está mañá, no salón de actos, o alumnado de 4° ESO tivo unha charla sobre a Violencia de xénero impartida pola subinspectora da Policía nacional de Vigo-Redondela. Coñecimos como comeza a escalada de violencia e as fases polas que pasa normalmente: o "ciclo da violencia". Revisamos o termo e os arrepiantes datos de mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas.  Esta charla enmárcase dentro do Plan director para a convivencia nos centros escolares. Coma sempre, moi interesante e instrutiva.

TEATRO FORO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
Grazas á Fundación Matrix tivemos hoxe unha actividade de teatro foro acerca da violencia de xénero. Foi impactante e moi productiva de cara a reflexionar sobre o tema, nesta ocasión co alumnado de 3°ESO, e sobre a necesidades de actuar ante calquera situación deste tipo que coñezamos.  Grazas Noelia e José pola vosa intepretación e o bo facer con respecto á concienciación do noso alumnado.

3D-DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Imaxe
Como cada 3 de decembro, co lema "Baixo o mesmo paraugas", conmemórase en Galiza, nas distintas cidades e localidades, o Día internacional da diversidade funcional. En Redondela, como non, organizáronse estas actividades que vos deixamos a continuación, entre outras. Somos diversxs. Somos ricxs.

1° SESIÓN ESCOLA NAIS E PAIS

Imaxe
Onte pola tarde, no salón de actos, tivemos a charla de D. José Torres na primeira sesión de Escola de Nais e Pais deste curso (ENAPAS) organizada polo Departamento de orientación en colaboración co Cefore de Vigo (dentro do PFPP que temos no Pedro Floriani). O ponente foi moi claro e directo e creou un ambiente distendido e ameno, no que estamos encantadas de que nais e pais participarades activamente. O tema non era para menos: responsabilidade no uso de Internet e redes sociais en menores e a seguridade nas mesmas. Canto temos que aprender e que rápido van as novas tecnoloxías!  Esperamos seguir colaborando para traer ponencias tan interesantes como esta nas próximas sesións. Grazas a todas e todos por acudir!

DATAS ABAU 2020

Imaxe
A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) vén de publicar as novas datas da Avaliación para o Acceso á Universidade deste curso, que serán 9, 10 e 11 de xuño en primeira convocatoria (ordinaria) e 7, 8, 9 de xullo en convocatoria extraordinaria, incluíndo como novidade no horario este ano a tarde do terceiro día en ambas convocatorias.

1D-DÍA MUNDIAL SIDA.

Imaxe
"As comunidades marcan a diferenza". É o lema desde ano no Día mundial da SIDA. As comunidades son a alma dunha resposta social efectiva, nesta e noutras causas sociais, e constitúen un importante pilar no que apoiarse.

ESCOLA NAIS E PAIS-CHARLA

Imaxe
O próximo luns 2 de decembro teremos no Floriani a primeira sesión da Escola de Nais e Pais (ENAPAS) deste curso, coa charla impartida por D. José Torres: Responsabilidades e seguridade en Internet e Redes sociais en menores. Agardámosvos  de 18:30 a 20:30h.

25N. CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Imaxe

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe

NUNCA É TARDE. NON!

Imaxe
Marabillosa interpretación nesta curta sobre a violencia de xénero contra as mulleres maiores, no rural, en diversos estamentos. Sexamos fortes. Nunca é tarde.  Digamos NON!

CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DXS NENXS

Imaxe

REUNIÓN EQUIPO MEDIACIÓN

Imaxe
Este mediodía tivemos reunión do equipo de mediación na que aproveitamos para facer as fotos da nova orla do equipo e elaborar materiais de cara ao próximo día contra a violencia de xénero. Temos moito traballo por diante neste curso e novas funcións que pór en práctica como alumnado axudante na mellora da convivencia e a inclusión no Floriani. Seguiremos informando!

ADA INTERVENCIÓN CON ANIMAIS. 2° SESIÓN

Imaxe
Esta mañá tivemos a segunda sesión do obradoiro de mellora da convivencia mediante a intervención con cans de ADA. O grupo de 1° FPB de electricidade participou en actividades dinámicas para mellorar a confianza en sí mesmxs e nos demais. Os grupos de 2° FPB tiveron a presentación do programa no salón de actos, e continuarán a próxima semana con novas dinámicas. Grazas Maite e Víctor, e a Tom e Nala.

MERCADO LABORAL DE FUTURO

Imaxe
Este foi o tema da charla que impartiu Pablo, técnico da empresa "Hack a Bos" e Sonsoles, responsable de proxectos para o alumnado de Ciclos medios e superior de FP das dúas familias profesionais do Floriani. O desenvolvemento tecnolóxico e a programación son sectores de gran presenza no mercado laboral, e xeneran unha gran cantidade de novos perfís profesionais, sobre os cales nos falaron. Unha charla moi interesante e dinámica, que gustou moito a alumnado e profesorado. Grazas pola vosa dispoñibilidade e profesionalidade!

ADA -INTERVENCIÓN CON ANIMAIS

Imaxe
Este venres, ademais de celebrar o magosto, comezaron as sesións do Obradoiro de mellora da convivencia para o alumnado de FP básica, a cargo dos profesionais de ADA- intervención asistida con animais e medio natural. Maite e Víctor acudiron ao centro acompañados de Nala e Tom, cans de intervención social, cos cales puidemos pasar unha sesión inolvidable. Grazas polo voso bo facer. Estamos desexando que chegue a próxima sesión! Este obradoiro o organizamos dentro das actividades do Plan de mellora da convivencia, solicitado nos Contratos-Programa este pasado curso.

MAGOSTO '19

Imaxe
Hoxe houbo magosto no Floriani. A profe de Educación plástica e visual pintou este cartel tan bonito para que ninguén se despistara.

"CANDO 1 ENSINA, 2 APRENDEN"

Imaxe

GRUPO TRABALLO: APZXE. COOPERATIVA

Imaxe
Hoxe tivemos unha xornada de presentación co novo profesorado que se uniu ao Grupo de traballo sobre Aprendizaxe cooperativa (PFPP IES Pedro Floriani). Foi unha reunión amena de coñecemento e colaboración -moi produtiva- na que sentamos as bases para o comezo do traballo cooperativo neste curso entre as persoas que continuamos coa Xeneralización e a xente nova do grupo de Introdución. Grazas pola vosa participación! O seguinte vídeo é unha homenaxe ao profesorado do grupo de traballo, que tanto se implicou, do ano pasado, e serve de breve presentación do que fixemos ao novo equipo.

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

Imaxe

10 OUTUBRO-DÍA MUNDIAL SAÚDE MENTAL

Imaxe
Este ano centrado na prevención do suicidio.

XORNADA DE CONVIVENCIA-MEDIACIÓN

Imaxe
Hoxe, 30 de setembro, pasamos unha estupenda xornada na Ribeira sacra co equipo de mediación, na convivencia de inicio do curso. Fixemos o paseo en barco polos canóns do Sil dende o embarcadoiro de Santo Estevo, que disfrutamos moitísimo, tanto pola paisaxe como pola amena guía que contou cousas interesantes da zona. Comimos no Complexo deportivo de Monterrei e pasamos a tarde no Encoro de Cachamuíña, completando a súa agradábel ruta. Foto de Susana A verdade que o tempo acompañou neste día no que, ademais dos momentos de lecer, aproveitamos para reunirnos e organizar o novo curso do equipo de mediación. Neste ano despedimos aos mediadores veteranos de 2° de bacharelato, Manuel e Sergio, xa que teñen un curso complexo por diante ao cal adicar todos os seus esforzos. Grazas rapaces polas vosas aportacións destes anos ao equipo!!! Moita sorte! Grazas tamén a viaxes Hemisferios pola súa amabilidade e marabilloso trato na cafetería e no barco. Seguiremos in

BENVIDA AO CURSO 19-20!

Imaxe
Dende o Dpto. de Orientación desexámosvos un bo comezo do novo curso 19-20! Entre as reunións de setembro tivemos xa a primeira do grupo de traballo cooperativo no que seguiremos este curso, co asesoramento do Cefore, e como parte das actividades de mellora de convivencia no IES.

FIN DO CURSO - EQUIPO DE MEDIACIÓN

Imaxe
Esta mañá tivemos un almorzo na cafetería do IES (grazas Paqui!) para despedir o traballo do equipo de mediadoras e mediadores deste ano. Desfrutamos das viandas e estreamos a nova camiseta do equipo. Grazas pola vosa colaboración en todas as actividades organizadas este ano e collede forzas para máis funcións no que vén! As actividades do equipo de mediación forman parte do Plan de mellora da convivencia, dentro dos presupostos dos contratos-programa da Consellería.