ACOSO ESCOLAR-PLAN DIRECTOR CONVIVENCIA

Este mércores 20 de febreiro o alumnado de 2° ESO acudiu a unha charla no salón de actos impartida por Mercedes Dabán, subinspectora da Policía Nacional.


Esta charla sobre Acoso escolar inclúese dentro do Plan Director para a mellora da Convivencia nos centros escolares.

Contounos cando é acoso e cando non, que situacións son máis comúns e a importancia de que ningún membro da comunidade educativa deixe de denunciar situacións deste tipo.



Quedounos claro que este problema segue existindo a través de exemplos reais e experiencias de familias que pasaron por iso, e lembramos o tristemente coñecido caso de Jokin, que sufriu acoso continuado ata que non pudo máis, no ano 2004.



Grazas Mercedes pola túa exposición! Continuaremos con máis charlas educativas acerca doutros temas de interese.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN