CRUZ VERMELLA-REDONDELA
Esta mañá tivemos a visita informativa de Diana e Irene, de Cruz Vermella -Redondela (Casa da cultura).
Precisamente viñeron a falarnos desta nova Delegación que tan benvida será na localidade e das actividades que levan a cabo de apoio a persoas en situación de vulnerabilidade (acompañamento a persoas maiores, reforzo educativo e social a nenos/as e adolescentes e as súas familias, charlas educativas nos centros sobre diversas temáticas, etc.).
Ademais, aproveitaron para invitar ao alumnado dos ciclos medios e superior a que se apuntaran como voluntarios/as nesta organización.
Grazas polo voso traballo e esperamos colaborar dende agora en distintas actividades socio-educativas!
Comentarios
Publicar un comentario