VISITA AO CAMPUS UNIVERSITARIO DA USC

Este mércores 13 de febreiro visitamos, co alumnado de 2° Bacharelato, o campus universitario de Santiago de Compostela, escollendo aquelas facultades que nos interesaba coñecer.


No campus Norte visitamos Educación infantil e Primaria, Traballo social, Odontoloxía e Enfermería. No campus Sur, Psicoloxía e Ciencias da educación, Matemáticas, Física, Enxeñería Informática, Bioloxía, Farmacia e Dereito e Ciencias Políticas.




Comimos na residencia universitaria Monte da Condesa, que aproveitamos para visitar guiadas polo seu conserxe. 

Xa pola tarde, visitamos no Pazo de Fonseca o salón de recepcións e a súa marabillosa biblioteca. Rosi, a guía, que foi moi atenta e instrutiva, ensinounos tamén o paraninfo da Facultade de Historia.






Non podiamos perder a ocasión de asomarnos á biblioteca desta facultade, que é impresionante, animadas pola profesora Marga Tovar.



Coma sempre, visitar Santiago foi un pracer. Grazas a Marga e a Chus pola compañía e ao alumnado por desfrutar e aproveitalo tanto! 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN