CONVIVENCIA MEDIACIÓN: A GUÍA-FLORIANI

Onte vivimos unha xornada de convivencia no II Encontro dos Equipos de Mediación do IES A Guía e o IES Pedro Floriani.

O curso pasado tivemos a súa visita no Floriani e este xa organizaron alí, co orientador Fran á cabeza, unha xornada agradable e divertida, na que comemos, compartimos traballo e experiencias, paseamos polo monte da Guía e fixemos xogos cooperativos no pavillón do IES.

Unha marabillosa experiencia que contamos con repetir. Grazas pola organización e acollida!

En breves subiremos máis fotos. Agora... Un pequeno adianto da despedida.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN