XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

Información de interese para o alumnado de bacharelato, tanto 1° como 2° curso, e para o de Ciclo Formativo de Grao Superior interesado no acceso á Universidade, xa que a UVigo programa unha Xornada virtual de orientación para o vindeiro mércores 13 de maio, de 17:00 a 19:30h.

Poderedes acceder dende as vosas casas á información completa sobre as novidades da ABAU, a preinscrición, o acceso, a matrícula, a oferta dos graos e as súas saídas profesionais así como sobre os distintos servizos xerais da universidade.

Para acceder podedes ir dende aquí: Campus Remoto coa clave de acceso do estudantado: 5b9Uvb

Para máis información consultade a páxina web da UVigo premendo aquí.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

IGUALDADE / EQUIDADE