SAÍDA DE FP BÁSICA Á PROXECCIÓN DE "VIDA", EN VIGO
Hoxe mércores, tivemos a sorte de acudir co alumnado de FP básica de Electricidade e electrónica e Administrativo e os seus titores/as á proxección do documental "Vida, máis ca vida" e a posterior curtametraxe "Vida" , do director e actor galego Rubén Riós . A actividade tivo lugar no auditorio Afundación de Vigo, e foi o propio director quen explicou, moi intimamente, como xurdiu este proxecto e porque o levou a cabo deste xeito. Na curtametraxe participan actrices e actores recoñecidos por todos, así como xente anónima, con diversas discapacidades. O documental previo recolle o proceso de selección das persoas que participan, as súas ilusións, os seus medos e a forma en que superaron con éxito as súas dificultades. Ao final das proxeccións, a presenza dos protagonistas da obra foi fantástica, así como o diálogo que se produciu co público, moi cercano e emocionado.