OBRADOIRO: PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL

Hoxe comezamos no IES o Obradoiro de Promoción da saúde mental, impartido por Maica, psicóloga da Asociación Lenda de Redondela, e que se organiza dentro das actividades do Programa INCLÚE-T, dos contratos-programa da Consellería.

Teremos 4 sesións co alumnado de 1° de FP básica. Haberá máis adiante algunha sesión con 2° FPB así como en Bacharelato.

Nesta primeira sesión achegámonos a esta asociación, coñecimos a que se dedican e falamos sobre que é a saúde mental e como poden afectar certos diagnósticos ás nosas vidas.

Foi unha sesión moi interesante e estamos desexando xa ter a seguinte. Grazas a Maica pola súa profesionalidade e cercanía a ás profesoras presentes pola vosa participación.

Deixámosvos con algunhas imaxes da mesma.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN