PFPP: FORMACIÓN APRENDIZAXE COOPERATIVA

Esta tarde tivemos unha nova sesión de formación do grupo de profesorado de Aprendizaxe Cooperativa, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado do IES no que nos asesora o CFR de Vigo. 

Esta vez tocaba revisar o quebracabezas como estrutura complexa para levar ás aulas. José Ramón Lago, coordinador do programa da Universidade de Vic, dirixiu esta sesión do grupo de Xeneralización.

Mañá teremos unha nova xuntanza, co grupo de Introdución, na que José Ramón explicará o ámbito C do programa: os cadernos e plans de equipo.

Deixámosvos unhas imaxes desta nova sesión virtual, na que faltan algunhas persoas que non puideron asistir hoxe. Seguimos avanzando!








Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN