PSICOLOXÍA E SAÚDE MENTAL

Onte, martes 23 de marzo, tivemos unha charla coa psicóloga da Asociación Lenda, Maica Álvarez, e cun usuario da mesma, José, na materia de Psicoloxía, optativa de 2° de bacharelato.

O alumnado desta materia xunto co profesor,  Ramón Soler, puideron aclarar cuestións como que se considera saúde mental e como cando non nos atopamos estables psíquicamente pódese alterar o noso funcionamento a nivel cognitivo, físico, motor, social, etc. 

Ademais, faláronnos dos recursos cos que podemos contar para coidar a nosa saúde mental. Tamén nos ofreceron unha relación de series e películas sobre o tema moi interesantes.

Grazas de novo a Maica pola súa profesionalidade e a José pola narración da súa experiencia persoal.

Esta actividade forma parte das organizadas a través dos Contratos-Programa da Consellería, dentro de Inclúe-T. 








Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN