Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta TÉCNICAS ESTUDO

TÉCNICAS DE ESTUDO

Imaxe
Imos aproveitar estes días para facer un breve repaso das técnicas de estudo básicas, tan importantes para unha mellor organización e comprensión dos contidos a estudar. Deixamos unha serie de vídeos explicativos acerca do resumo, esquemas, regras mnemotécnicas e mapas mentais. Tamén podedes consultar os enlaces sobre o tema no menú principal do Blog. Agora só vos queda practicar!

COMEZO DO PROA

Imaxe
Este martes 12 de febreiro comezarán as clases do Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) no IES. Este programa está dirixido neste curso 18-19 ao alumnado de 1° e 2° ESO, no seguinte horario: 1° ESO : martes e xoves de 16.30 a 18.30h. 2° ESO : martes e xoves de 18.30 a 20.30h.

DESPEDIDA PROA

Imaxe
Esta tarde tivemos a última clase do PROA deste curso. O alumnado de 1°ESO aproveitou para expoñer o proxecto que realizou durante estes meses, ao mesmo tempo que traballaban lingua e matemáticas, entre outras. O proxecto consistiu en facer un presuposto dunha viaxe de volta ao mundo, tendo en conta un límite de diñeiro e buscando medios de transporte, aloxamentos, moedas internacionais, etc. Despois da exposición saímos ao patio para aproveitar o bo tempo e facer algunha dinámica de grupo. Tivemos unha doce merenda e o alumnado despediuse da profe María con moito agarimo. Moita sorte María! Grazas por todo 😘

COMEZO DO PROA 2018

Co entroido de por medio comezaron as clases do P rograma de Reforzo, Orientación e Apoio deste curso no IES. Este programa enmárcase dentro das actuacións dos Contratos-Programa que a Consellería de educación oferta cada ano. Decidimos nesta ocasión, tras facer unha análise dos grupos e do alumnado co equipo directivo e cos titores e titoras, organizar as clases de apoio das tardes para o alumnado de 1º ESO. As clases impártense dous días á semana, cunha duración de 2 horas por día. Esta semana podemos dicir que comeza xa a tempo completo. O horario deste curso é o seguinte: Martes e Xoves de 16:50 a 18:50 horas . Esperamos que o alumnado mellore nas competencias lingúísticas e matemáticas, así como na organización e técnicas de estudo de xeito xeral!

EXCESO DE FALTAS DE ORTOGRAFÍA. POR QUE?

Imaxe
E para dar resposta a esta pregunta atopamos un interesante artigo onde se revisan os principais motivos desas faltas, as posibles influenzas das novas tecnoloxías (ou non) e como, en moitos casos, o desinterese, a falta de atención e de importancia que se lle otorga ás normas ortográficas é o motivo principal que obtemos para darlles explicación. Debemos sancionar/suspender ao alumnado que comete faltas excesivas de ortografía? Pois dende logo, debemos telo en conta e valorar cada situación, non deixemos de restarlle importancia a un problema ao que nos estamos acostumando e que avanza ás veces sen solución. Podedes ler o artigo da publicación dixital "Padres y colegios" premendo aquí .

PROGRAMA AUTOAPLICADO PARA O CONTROL DA ANSIEDADE ANTE OS EXAMES

Imaxe
PROGRAMA

PREPARANDO OS EXAMES

Fonte: El orientablog

OITO REGRAS BÁSICAS A HORA DE ESTUDAR NA CASA

Imaxe
Fonte: Orienta As Barxas

UN BO PLAN PARA ESTUDAR

Imaxe
Fonte: Orien Tapas

HÁBITOS DE ESTUDO

Imaxe
O orientador Juan Antonio Planas Domingo publicou unha columna no Blog “ Educación Canal Educación ” con consellos para o inicio do curso e para adquirir bos hábitos de estudo.  Como pasa todos os anos, o curso é unha carreira de fondo, polo que canto máis cedo comeces a adestrar máis preparado estarás para a recta final dos exames. É bo que, desde o inicio se teña hábito de estudo . Se aínda non hai unha gran cantidade de contido para comezar a estudar, podes empezar por ler algunha lectura recomendada para cada idade. Ademais, en lugar de repasar soamente a materia xa vista na clase, tamén se pode ler o tema que se vai explicar ao día seguinte. Iso axuda a ser máis atento, entender mellor o que o profesor está explicando e preguntar o que non se entende.  Débese ter en conta desde o principio, non facer PROCRASTINACIÓN . É dicir, retrasar tarefas,deixar para despois o máis ingrato, incumprir compromisos. Este é un dos principais problemas dos adolescentes e mozos. O ...

TRUCOS

Imaxe

PONTE A ESTUDAR XA

Imaxe
Este video vai adicado aos alumnos que estiveron onte pola mañá no meu departamento Moita sorte

GUÍA: 30 DÍAS PARA A SELECTIVIDADE

Imaxe
Son quince páxinas con consellos e técnicas de estudos moi efectivas para afrontar a preparación dos exames da selectividade que temos xusto nun mes. Para descargala  pica no enlace: LA GUIA Fonte: Orienta As Barxas

REGRAS PARA ESTUDAR NA CASA

Imaxe
Infografía de aulaplaneta.com : 8 regras fundamentais á hora de estudar na casa  Fonte: Silvina Paricio Orienta

CONSELLOS PARA ESTUDAR COS FILLOS

"APRENDENDO A ESTUDAR" Consellos para estudar cos fillos  

COMO CONTROLAR OS NERVIOS DOS EXAMES?

Imaxe
Os nervios e a ansiedade ante os exames é algo que casí todo o mundo experimentou nalgún momento. Para algún alumnado o estrés ante un exame é tan alto que se quedan coa mente en branco, e os resultadod obtidos non se corresponden co tempo adicado ao estudo da materia. No seguinte video de VIVO EDUCANDO expóñense unha serie de técnicas moi útiles para controlar a ansiedade nos distintos momentos en que ésta apareza: antes, durante ou despois do exame.

NERVIOS E ANSIEDADE ANTE UN EXAME

Imaxe
Os nervios e a ansiedade ante os exames é algo que casi a todos os estudantes experimentamos algunha vez. Para alguns de nos o estrés ante un exame é tan alto que se queda a mente en branco, e os resultados obtidos non se corresponden co tempo adicado ao estudo da materia.  No seguinte video veredes unha serie de técnicas moi útililes para controlar a ansiedade nos distintos momentos en que aparece; antes, durantes e despois do exame. 

COMO MOTIVARSE PARA ESTUDAR

Imaxe

CONDICIÓNS IDEAIS PARA ESTUDAR NA CASA

Imaxe

CAMIÑO Á ESCOLA

Imaxe
Un fantástico documental: “ Camino a la escuela ” do director francés Pascal Plisson, galardoado co premio César 2014 por este traballo, fálanos de miles de dificultades coas que se atopan para ir á escola catro nenos de entre 11 e 13 anos de Kenya, Marrocos, Arxentina e India. Trata sobre o Dereito á Educación, que recordemos que é un dereito humano fundamental, esencial para poder exercitar todos os demais dereitos e que os Estados teñen que garantir.