Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta EDUCACIÓN SAÚDE

SCREEN TIME: TEMPO DE PANTALLA

Imaxe

O PRIMEIRO MÓBIL

Imaxe
Cando mercar o primeiro móbil?  Hoxe en día é unha das preocupacións de moitas familias nas que se valora a necesidade, conveniencia ou non, de que os seus fillos e fillas comecen a ter móbil propio. Na adolescencia, a presión social e de grupo inflúe moitísimo nesta toma de decisións. Deixámosvos uns "tips" que vos poden axudar a facer esa valoración. Tamén podedes ver o seguinte vídeo:

PSICOLOXÍA E SAÚDE MENTAL

Imaxe
Onte, martes 23 de marzo, tivemos unha charla coa psicóloga da Asociación Lenda, Maica Álvarez, e cun usuario da mesma, José, na materia de Psicoloxía, optativa de 2° de bacharelato. O alumnado desta materia xunto co profesor,  Ramón Soler, puideron aclarar cuestións como que se considera saúde mental e como cando non nos atopamos estables psíquicamente pódese alterar o noso funcionamento a nivel cognitivo, físico, motor, social, etc.  Ademais, faláronnos dos recursos cos que podemos contar para coidar a nosa saúde mental. Tamén nos ofreceron unha relación de series e películas sobre o tema moi interesantes. Grazas de novo a Maica pola súa profesionalidade e a José pola narración da súa experiencia persoal. Esta actividade forma parte das organizadas a través dos Contratos-Programa da Consellería, dentro de Inclúe-T. 

USO SAUDABLE DE INTERNET. 10 CONSELLOS PARA AS FAMILIAS

Imaxe
 

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

Imaxe
Este mércores tivemos a última sesión do Obradoiro de Promoción da saúde mental a cargo de Maica Álvarez, psicóloga da Asociación Lenda de Redondela, con 1° curso do ciclo básico de Electricidade e Electrónica. Foi unha sorte contar nesta ocasión coa presenza de José, que nos contou, sinceira e desinteresadamente, a súa experiencia persoal. Moitas grazas pola vosa intervención, coa que tanto aprendimos. Xa vos esperamos para a seguinte con 2° de bacharelato! Como o bo tempo nos acompañou, aproveitamos para facer a sesión no exterior. Deixámosvos unhas imaxes.

QUÉROTE + OBRADOIRO AUTOESTIMA E IMAXE CORPORAL

Imaxe
Hoxe tivemos con nós a Noa Tilve, psicóloga do centro Quérote +, que impartiu dous obradoiros acerca da Imaxe corporal e a Autoestima nos grupos de 3° ESO A e 3° ESO B. Foron unhas sesións moi interesantes e enriquecedoras, moi ben valoradas polo alumnado, que xa pide máis charlas. Deixámosvos unhas fotos da xornada e o enlace á páxina web de Quérote + , onde podedes ter acceso a todos os servizos que ofrecen á xuventude, clicando na imaxe.

OBRADOIRO: PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL

Imaxe
Hoxe comezamos no IES o Obradoiro de Promoción da saúde mental , impartido por Maica, psicóloga da Asociación Lenda de Redondela, e que se organiza dentro das actividades do Programa INCLÚE-T, dos contratos-programa da Consellería. Teremos 4 sesións co alumnado de 1° de FP básica. Haberá máis adiante algunha sesión con 2° FPB así como en Bacharelato. Nesta primeira sesión achegámonos a esta asociación, coñecimos a que se dedican e falamos sobre que é a saúde mental e como poden afectar certos diagnósticos ás nosas vidas. Foi unha sesión moi interesante e estamos desexando xa ter a seguinte. Grazas a Maica pola súa profesionalidade e cercanía a ás profesoras presentes pola vosa participación. Deixámosvos con algunhas imaxes da mesma.

USO RESPONSABLE DO WHATSAPP

Imaxe
Deixámosvos un pequeno vídeo con indicacións moi interesantes sobre o bo uso de WhatsApp. Este vídeo foi elaborado polxs técnicxs da Asociación Érguete dentro do seu programa E-Dixital, a través do cal seguiremos aprendendo boas prácticas no uso das redes sociais.

ARELAS. CHARLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

Imaxe
Hoxe tivemos connosco a Cristina Palacios, presidenta da Asociación Arelas , de familias de menores trans*. O alumnado de 1° de Bacharelato, A e B, tivo a oportunidade de coñecer, nunhas sesións moi amenas, as actividades desta asociación e como promoven os dereitos de nenxs e adolescentes trans en todos os ámbitos da súa vida (sanitario, educativo, xudicial, social).  A charla tratou da diversidade afectivo-sexual en xeral. Hai tanto que aprender! Grazas Cristina pola túa cercanía e dispoñibilidade!  *Esta actividade foi organizada dentro do Programa Iguala-T , solicitado a través dos contratos-programa da Consellería. Para máis información, preme na imaxe.

25N-AS NOSAS BOLBORETAS POR REDONDELA

Imaxe
Este xoves o alumnado de Educación Plástica e Visual de 4° ESO, xunto coa profesora Inés Barros, saíu de visita pola Vila para ver as bolboretas que realizaron con motivo do 25 de Novembro , Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller . Deixámosvos as fotos e un vídeo desta divertida xornada, onde vemos ao alumnado xunto ás súas creacións, e onde tamén podemos ver outras realizadas polo alumnado de 1° ESO A e B.

LIBRE

Imaxe
"Te quiero entera,  sin carencias ni añadidos, te quiero tuya.  Más allá de las promesas, de las imposturas, de las cargas que no te pesan, te quiero libre". "Libre", Judith Bosch 

25N- DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
 

SERVIZO ATENCIÓN TELEFÓNICA-ÉRGUETE

Imaxe
A  Asociación Érguete  acaba de lanzar un   Servizo Telefónico de Prevención e Información sobre Adiccións , donde os mozos e mozas do  Concello de Redondela  poderán consultar,  vía Whatsapp,  todas as súas dúbidas e preocupacións de maneira totalmente anónima. Este Servizo nace co obxectivo de ofrecer información e orientación sobre: Diferentes substancias e os efectos derivados do seu consumo. Situacións problemáticas que poden derivar do consumo de drogas e doutras condutas adictivas. Recursos dispoñibles máis próximos.

CANDO COMPRAR O PRIMEIRO MÓBIL?

Imaxe

TEMPO DE PANTALLA

Imaxe

CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Imaxe
Deixámosvos un corto para concienciar sobre o Acoso escolar e as súas consecuencias. Neste caso, sobre como a axuda e participación das persoas espectadoras ou que rodean aos afectados/as é fundamental para que non se dean estas situacións de acoso nas aulas. Todxs somos responsables!

FAMILIAS: DICIONARIO TIC

Imaxe
Un novo documento elaborado pola asociación Érguete, esta vez acerca de nova terminoloxía que xurde das novas tecnoloxías na actualidade. É importante coñecer estes novos termos e saber que significado teñen. Preme aquí para descargar o Dicionario TIC.

FAMILIAS: QUE DEBEMOS SABER SOBRE FORTNITE

Imaxe
A asociación Érguete elaborou unha infografía sinxela acerca do vídeoxogo FORTNITE. Contidos, tipo de xogo, atractivos que presenta ou idade recomendada, xunto con unhas pautas para o seu uso, son unha información de interese para as familias. Podedes premer aquí para descargala.

EDUCACIÓN EMOCIONAL

Imaxe

ADOLESCENTES E USO SAUDABLE DAS PANTALLAS. RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS.

Imaxe
Dende a asociación Érguete e o grupo de Investigación de Psicoloxía do consumidor da USC, que participan xunto con outras institucións, cheganos este Decálogo con recomendacións moi interesantes acerca do uso saudable das pantallas "en tempos de coronavirus".  Non deixedes de lelo.