Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta GUÍAS

GUÍA ACTUACIÓN CASOS VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
A Xunta de Galicia publicou a Guía para a actuación en casos de violencia de xénero no ámbito educativo que podedes consultar premendo na imaxe. Este pretende ser un instrumento de resolución de conflitos de convivencia que vai contribuír a dar pautas de actuación ante un caso de violencia de xénero, de acordo coa lexislación en materia de convivencia e seguindo os presupostos establecidos no  I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020.

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL 2º BACH

Imaxe
Estimadas alumnas e alumnos de 2º de bacharelato: Ante todo, moito ánimo! Xa sabedes que as últimas novas acerca da ABAU falan dun aprazamento desta (veremos en que queda). En principio, deberiades continuar coa vosa rutina de exercicios e repasos do material que vos envía o profesorado. Paralelamente, nalgún momento no que vos apeteza, facede unha reflexión acerca dos vosos intereses e preferencias no que aos graos universitarios se refire, así como unha revisión das notas de corte e das ponderacións, para ter a seguridade de que tedes esa información controlada. Aínda que xa o sabedes, deixovos os enlaces á nosa páxina de referencia para estas consultas, a da CIUG : Número de prazas e notas de corte. Aquí. Ponderacións. Aquí. Por suposto, para as persoas que están máis orientadas a facer un Ciclo formativo de Grao Superior , aínda que opino que realizar a ABAU nunca está demais (é o momento de facelo se titulades. Se aprobades a fase xeral, esa nota é...

"YO A ESO NO JUEGO"

Imaxe
YO A ESO NO JUEGO , é un informe sobre bullying e ciberbullyng na infancia realizado polo Departamento de Psicoloxía da Universidade de Córdoba, por encargo de Save the Children.  Publicado neste mes de febreiro, analiza datos recollidos en 21.487 entrevistas a estudantes entre 12 e 16 anos. Os autores sinalan que o primeiro que aprendimos é que "o acoso é violencia, non son rapazadas".  Segundo Save the Chlidren , a través dos datos que se recollen no informe son quen de detectar cales son os colectivos máis vulnerables: as rapazas e os máis xoves. As rapazas vense expostas a máis situacións tanto de acoso como de ciberacoso; sinalan tamén que atoparon máis casos de acoso entre os estudiantes de 1º ciclo da ESO que de 2º ciclo. A metade dos estudantes recoñece ter insultado ou dito palabras ofensivas de alguén e un de cada tres afirma ter agredido fisicamente a outro rapaz. Os agresores polo xeral non saben cal é a razón pola que acosan, pero teñen algo en ...

GUÍA PARA PREVIR OU SOLUCIONAR O ABUSO DE MÓBILES EN ADOLESCENTES

Imaxe
Aínda que non pode negarse que o teléfono móbil sexa útil e necesario, o seu abuso pode causar problemas a nenos e adolescentes, prexudicar o seu saúde e benestar, as súas relacións familiares e sociais e o seu rendemento escolar.  Esta guía proporciona algunhas ideas de gran interese para previr o abuso do móbil cando aínda se está a tempo, ou axudarche a saber que facer si xa tes o problema en casa.  A guía aclara conceptos como uso, abuso e dependencia do móbil, e expón con claridade as razóns para controlar o uso do móbil nos adolescentes, así como as consecuencias negativas do abuso. Suscita consellos de interese para pais e profesores sobre como previr o abuso e a dependencia do móbil e dá pautas para detectar si existe un problema en relación ao móbil.e como actuar neses casos.   GUÍA PARA PAIS E EDUCADORES PARA PREVIR OU SOLUCIONAR  O ABUSO DE MÓBILES EN ADOLESCENTES Fonte: EL ORIENTABLOG

GUÍA

Imaxe
A detección temperá das dificultades para aprender e a intervención no alumnado que as presenta fan máis efectiva a resposta educativa e contribúe a aumentar as súas posibilidades de éxito. Pola formación e experiencia, o profesorado é capaz de detectar indicadores de risco nos escolares, e aínda máis si apóiase en cuestionarios ou escalas de observación como as agora dadas a coñecer. Por tal razón edítase esta guía cuxa finalidade é mellorar a detección temperá das dificultades do alumnado e facilitar a atención dos mesmos. GUÍA PARA LA DETECCIÓN TEMPRANA DE DISCAPACIDADES, TRASTORNOS, DIFICULTADES DE APRENDIZAJE Y ALTAS CAPACIDADES INTELECTUALES.

¿TE SUENA FAMILIAR?

Te Suena Familiar

SÍNDROME DE ASPERGER

Imaxe
GUÍA: SÍNDROME DE ASPERGER

RESUME LOMCE

1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA

Imaxe
O día mundial da loita contra a SIDA que se conmemórase o 1 de decembro de cada ano, dedícase a dar a coñecer a epidemia de SIDA global causada pola extensión da infección do VIH. Elixiuse o día 1 de decembro debido a que o primeiro caso de SIDA foi diagnosticado neste día en 1981. Desde entón, a SIDA matou máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, e é unha das epidemias máis destrutivas da historia. A pesar de que se mellorou o tratamento antiretroviral e de que existe un maior acceso a el no mundo desenvolvido, a epidemia de SIDA levou entre 2,8 e 3,6 millóns de vidas en 2005, das que máis de de medio millón (570.000) eran nenos. Deixovos unha guia didáctica con 5 unidades, con diferentes actividades para traballar na clase. A guía esta editada polo Servizo Vasco de Saude. Información xeral VIH/SIDA

GUÍA SAUDABLE PARA O ADOLESCENTE

Imaxe
Unha guía moi breve da Editorial da Universidade da Plata, Argentina, con información para que os adolescentes disfruten dunha vida máis saúdable. Nela abórdanse as seguintes cuestións: que é a saúde, alimentación, actividade física, prevención de adiccións, etc.  Fonte: Silvia Paricio Orienta

GUÍA DE ACTUACIÓN EN LA ESCUELA ANTE EL ALUMNOS CON TDAH

Imaxe
GUÍA