Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta SISTEMA EDUCATIVO

MATERIAS LIBRE CONFIGURACIÓN:1° ESO

Imaxe
Deixámosvos unha breve explicación das materias de libre configuración que se ofertan en 1° ESO . Como saberedes, tedes que escoller entre estas por orde de preferencia, segundo a que máis vos guste (1°, 2°, 3°). Moita sorte neste cambio de etapa que xa está tan cerca!!!

COOPERATIVO-CADERNOS DE EQUIPO

Imaxe
Este venres, na Biblioteca do centro, comezamos a practicar cos Cadernos e Plans de equipo (ámbito C) nos grupos de alumnado cos que traballan as profes de Introdución (ano 1). Nas imaxes podedes ver a Raquel, profe de Bioloxía, co grupo de 3° ESO A e a Laura, profe de Inglés, co grupo de 4° ESO A. Nesta fase da aprendizaxe, cada equipo traballa co seu caderno. Escollen un nome e unha imaxe que os represente como grupo, poñen uns obxectivos de equipo e persoais, e cada persoa adquire un rol determinado: coordinador/a, secretario/a, axudante e voceiro/a, cunhas funcións concretas que deben cumprir.  Tras traballar con algunhas estruturas cooperativas, avaliarán todo o funcionamento do equipo. Así, durante o mes de maio, seguiremos con esta práctica coa que remata o traballo do Plan de Formación en Aprendizaxe Cooperativa deste curso. Moitas grazas a todo o equipo de cooperativo!

FORMACIÓN PROFES: APRENDIZAXE COOPERATIVA

Imaxe
Seguimos neste segundo trimestre do curso coa formación do profesorado en Aprendizaxe Cooperativa . Hoxe pola tarde tivemos a terceira sesión de todo o equipo formativo do PFPP deste ano. Para adaptarnos a este tempo de pandemia, esta  formación facémola online, a través da plataforma WebEx, e co alumnado traballamos en equipos cooperativos na biblioteca do centro, habilitada con mamparas, coas distancias de seguridade e as preceptivas máscaras. Hai que adaptarse ás situacións e ir cara adiante, así que moito ánimo a todos e todas e grazas ás persoas que vos implicades na mellora do ensino!

COOPERATIVO NA BIBLIO

Imaxe
No mes de decembro puidemos facer traballo cooperativo co alumnado na Biblioteca do centro ( Bibliofloriani ) grazas ás mamparas e a disposición das mesas que organizou a coordinadora da mesma (Pili Dios) xunto co profesorado do grupo de traballo. Deixámosvos algunhas imaxes desas sesións, que esperamos continuar ao longo deste curso, nas que profesoras de Introdución (4°ESO A) e de Xeneralización (4° ESO B-H) levaron a cabo traballo cooperativo en equipos, as primeiras facendo estruturas básicas e as segundas abrindo os cadernos e plans de equipo. Grazas polo voso traballo!!!

100% aprobados ABAU. PARABÉNS!

Imaxe
Parabéns ao noso alumnado de 2° bacharelato aprobados/as nesta excepcional ABAU 2020. Agora desexámosvos que acadedes os vosos obxectivos máis próximos. Lembrade que o prazo para a solicitude de revisión de notas comeza hoxe mesmo, venres 17 de xullo, e remata o vindeiro martes 21 de xullo ás 14:00h. Pensade ben as opcións que tedes á hora de solicitar admisión (20 a 28 de xullo)  e a súa orde de preferencia. Todo isto, como sabedes, a través da aplicación Nerta. Podedes contactar nestes días por posibles dúbidas ou consultas no correo electrónico orientadorafloriani@gmail.com ou ben consultando a páxina da CIUG. Noraboa e moita sorte no voso camiño vindeiro!!!

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 3° ESO

Imaxe
Déixovos a presentación que fixemos nas xornadas de orientación académica de 3° ESO. Podedes premer na imaxe para acceder a ela.

PROBAS ACCESO A CICLOS FP

Imaxe
A Consellería publicou a Resolución do 24 de maio de 2020 , pola que establece novas datas para as probas de acceso a ciclos formativos de FP. Data proba acceso a Ciclos Medios : 10 de xuño de 2020. Data proba acceso a Ciclos Superiores : 11 de xuño de 2020. A publicación das cualificacións de ambas será o 17 de xuño de 2020. Para máis información preme aquí .

NOVOS PRAZOS DE ADMISIÓN

Imaxe
A Consellería de Educación publicou a Resolución do 7 de maio de 2020,  pola que se restablecen os procedementos de admisión nos centros públicos da Comunidade: -Do 11 ao 18 de Maio : prazo ordinario de solicitude de admisión (mesmas ensinanzas noutro centro educativo ou ensinanzas superiores: Bacharelato). - Do 1 ao 10 de Xullo : formalización da matrícula (ESO e Bacharelato). - Admisión e matrícula FP : aínda non saíron as datas. Como en anos anteriores, estableceranse nos días próximos á entrega de notas da 3ª avaliación. Para máis info preme na imaxe.

NOVOS GRAOS NA USC

Imaxe
A Universidade de Santiago de Compostela  implantará no vindeiro curso 2020/2021, na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo dúas novas titulacións: Grao en Bioquímica Grao aberto 5USC Enxeñarías Podedes ver toda a información premendo nos respectivos enlaces. Para máis info podedes contactar conmigo no correo orientadorafloriani@gmail.com

RESUMO INSTRUCIÓNS 3º TRIMESTRE

Imaxe
Deixámosvos un breve resumo dos aspectos máis relevantes para nós das instrucións para o 3º trimestre publicadas pola Consellería de Educación o pasado 28 de abril de 2020.  Esperamos que vos axuden a comprender un pouco mellor como se pretende desenvolver a avaliación, promoción e titulación do alumnado das distintas etapas nesta situación educativa non presencial.

APRENDEMOS NA CASA

Imaxe
O Ministerio de Educación y Formación Profesional e RTVE lanzan "Aprendemos en casa" para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado de Primaria e Secundaria durante a suspensión das clases presenciais. Comezará este luns día 23 de marzo e se emitirá de luns a venres, en aberto, por Clan TV e en La 2 de TVE. Alumnado de 1º e 2º de ESO entre as 12:00 e as 13:00 horas e 3º e 4º de ESO de 13:00 a 14:00 horas en La 2.

VISITA IES ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxe
Este luns, 17 de febreiro, visitounos o alumnado de 4° ESO do IES Illa de San Simón, acompañados da súa orientadora e profes do curso. Fixemos unha xornada de presentación do noso bacharelato e os Ciclos medios de FP que temos, e unha visita guiada polas instalacións do centro. Rematando, como é costume, cunha merenda saudable na Biblioteca. Esperamos vervos pronto polas nosas aulas!

GRUPO TRABALLO-APRENDIZAXE COOPERATIVA

Imaxe
Este curso comezamos a Iniciación á Aprendizaxe cooperativa, un grupo de traballo de 12 profes e estamos aprendendo un montón! Contamos co asesoramento do Cefore-Vigo e incluimos esta formación dentro das medidas de mellora da convivencia no centro. Grazas a todas pola colaboración!

O IES ILLA SAN SIMÓN VISITANOS!

Imaxe
Esta mañá tivemos no Floriani a visita do alumnado de 4° ESO do IES Illa de San Simón acompañados por Noemí, a súa orientadora, xunto co director e un profesor. No salón de actos fixemos unha charla introdutoria para presentar o noso centro e a oferta educativa e de actividades complementarias. Despois fixemos un percorrido polo IES visitando os ciclos medios de electricidade e administración, o taller de tecnoloxía e robótica, a aula de música, laboratorio de bioloxía, aula de informática e aula de plástica, para rematar coñecendo a Biblioteca cun almorzo de media mañá. Grazas pola vosa visita e esperamos tervos pronto cursando ensinanzas post-obrigatorias no Floriani! Grazas como sempre a todo o profesorado que participou deste percorrido dedicándonos o seu tempo: Víctor, Rosa Otero, Pilar Dios, Belén, Cristina, Laura, Eva, Chus e Sonia. E ao alumnado acompañante!

Bolsas NEAE e xerais- Fin dos prazos

Imaxe
Estimadas familias: Mañá xoves, 27 de setembro, remata o prazo para a presentación de solicitudes de bolsas para alumnado con necesidades educativas especiais para este curso. O prazo para solicitar bolsas para estudos con carácter xeral é o luns 1 de outubro, este inclusive. Tedes toda a información na páxina web do Ministerio de educación .

ADMISIÓN CICLOS FP

Imaxe
Lembrade que ata o martes 3 de xullo estará aberto o prazo para solicitar admisión en ciclos de formación profesional medios e superiores da nosa comunidade autónoma, necesario para o acceso a estas ensinanzas.  Deixámosvos o calendario da admisión a FP e, como xa sabedes, tedes toda a información na páxina web da Consellería de Educación (edu.xunta.es/fp).

ORIENTACIÓN ACADÉMICA ÁS FAMILIAS

Imaxe
Aínda que pareza incrible xa estamos cerca de mediados de maio... Notanse o cansanzo e certo estrés no alumnado... Que ve como se achega o fin do curso e que ten que tomar decisións de cara ao vindeiro ... Dentro das actividades de orientación académica e profesional os alumnos e alumnas están tendo charlas informativas da orientadora nos distintos grupos.  Co fin de completar esa información e ampliala ás familias, organizamos no IES unha charla de orientación a pais e nais o próximo luns, 14 de maio, ás 19 horas. Dirixida a familias do alumnado de 2°, 3° e 4° ESO por ser de grande importancia a colaboración na toma de decisións no momento no que se atopan. Esperámosvos!

IES PEDRO FLORIANI: FORMACIÓN INTEGRAL DE CALIDADE

Imaxe
Cartel elaborado polo equipo directivo coa oferta educativa do noso centro.

ESTUDIOS DE MÚSICA

Imaxe
GRADO ELEMENTAL organízase e 4 cursos, coas seguintes materias: Instrumento Linguaxe musical Educación auditiva e vocal Para acceder ao grado elemental, a idade mínima será de 8 anos e a máxima de 14, debendo superar unha proba específica. Ao finalizar este grado obtense un Certificado de Estudos Elementais. GRADO PROFESIONAL organízase por especialidades, en 6 cursos, coas seguintes materias: Materias comúns ás especialidades instrumentales Materias propias das especialidades instrumentales Materias comúns á especialidade de canto Materias optativas No 6º curso establécense itinerarios formativos:  Interpretación, Composición, Pedagogía, Musicología. Para acceder ao 1º curso do grado profesional haberá que superar unha proba específica.Tamén se poderá acceder a calquera outro curso do grado profesional, sen haber cursado os anteriores, a través de probas nas que se demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar...

APRENDE A LO LARGO DE LA VIDA

Imaxe
Todas as persoas deben ter a posibilidade de formarse ao longo da vida, dentro e fóra do sistema educativo, co fin de adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Coñecer as diferentes opcións formativas e os itinerarios existentes resulta clave para que poidan organizar e orientar a experiencia de aprendizaxe rendibilizando tempo e esforzos. Este portal de información e orientación ten a finalidade de axudar aos cidadáns para coñecer a opción e modalidade formativa que mellor se axusta á súa realidade persoal, familiar e profesional. Ademais, incorpora unha recopilación de materiais e recursos para o apoio ao seu proceso de aprendizaxe que tamén poden ser empregados por familias, profesionais e calquera persoa relacionada coa formación e a educación. APRENDE A LO LARGO DE LA VIDA