Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta BACHARELATO

ABAU-CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Imaxe
Deixámosvos o horario da próxima proba da ABAU na súa convocatoria extraordinaria deste ano, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de xullo. Moita sorte!

ABAU-SEDE E HORARIOS

Imaxe
Este ano o noso alumnado fará os exames de ABAU (8, 9 e 10 de xuño) na Facultade de Dereito do campus universitario de Vigo. Os horarios das distintas probas son os seguintes:

PSICOLOXÍA E SAÚDE MENTAL

Imaxe
Onte, martes 23 de marzo, tivemos unha charla coa psicóloga da Asociación Lenda, Maica Álvarez, e cun usuario da mesma, José, na materia de Psicoloxía, optativa de 2° de bacharelato. O alumnado desta materia xunto co profesor,  Ramón Soler, puideron aclarar cuestións como que se considera saúde mental e como cando non nos atopamos estables psíquicamente pódese alterar o noso funcionamento a nivel cognitivo, físico, motor, social, etc.  Ademais, faláronnos dos recursos cos que podemos contar para coidar a nosa saúde mental. Tamén nos ofreceron unha relación de series e películas sobre o tema moi interesantes. Grazas de novo a Maica pola súa profesionalidade e a José pola narración da súa experiencia persoal. Esta actividade forma parte das organizadas a través dos Contratos-Programa da Consellería, dentro de Inclúe-T. 

ARELAS. CHARLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

Imaxe
Hoxe tivemos connosco a Cristina Palacios, presidenta da Asociación Arelas , de familias de menores trans*. O alumnado de 1° de Bacharelato, A e B, tivo a oportunidade de coñecer, nunhas sesións moi amenas, as actividades desta asociación e como promoven os dereitos de nenxs e adolescentes trans en todos os ámbitos da súa vida (sanitario, educativo, xudicial, social).  A charla tratou da diversidade afectivo-sexual en xeral. Hai tanto que aprender! Grazas Cristina pola túa cercanía e dispoñibilidade!  *Esta actividade foi organizada dentro do Programa Iguala-T , solicitado a través dos contratos-programa da Consellería. Para máis información, preme na imaxe.

ABAU: PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA E IMPRESOS

Imaxe
A CIUG publicou o procedemento de matrícula da ABAU 2020 para alumnado de bacharelato e ciclos superiores de FP. Ademáis, podedes descargar os impresos de matrícula e pago de taxas neste enlace . 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 1º BACHARELATO

Imaxe
Deixovos a continuación a presentación de  orientación académica para 1º de Bacharelato , centrada en información sobre o 2º curso de bacharelato así como de ciclos formativos de FP. Esta información, xunto coa anterior sobre "Autocoñecemento" e "Toma de decisións", será básica para vós de cara á próxima sesión de orientación que manteremos por vídeo conferencia.  Como xa sabedes, para calquera dúbida ou consulta podedes escribirme ao correo: orientadorafloriani@gmail.com *Preme na imaxe para ver a presentación.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO

Imaxe
Deixovos a continuación a presentación de orientación académica para 4º ESO , centrada en información sobre o bacharelato e os ciclos formativos de FP. Esta información, xunto coa anterior sobre "Autocoñecemento" e "Toma de decisións", será básica para vós de cara á próxima sesión de orientación que manteremos por vídeo conferencia.  Como xa sabedes, para calquera dúbida ou consulta podedes escribirme ao correo: orientadorafloriani@gmail.com *Preme na imaxe para ver a presentación.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA-UVIGO

Imaxe
O SIE (Servizo de Información ao Estudantado) da Universidade de Vigo pon a disposición do alumnado interesado nos graos desta universidade un servizo de información e asesoramento mediante vídeo conferencia ao que se pode acceder dende o campus remoto habilitado para tal fin todos os xoves de 11 a 13 horas . As persoas responsables deste servizo responderán directamente todas as consultas que queirades facer durante esa franxa horaria. Tedes más información premendo aquí .

NOVOS GRAOS NA USC

Imaxe
A Universidade de Santiago de Compostela  implantará no vindeiro curso 2020/2021, na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo dúas novas titulacións: Grao en Bioquímica Grao aberto 5USC Enxeñarías Podedes ver toda a información premendo nos respectivos enlaces. Para máis info podedes contactar conmigo no correo orientadorafloriani@gmail.com

VISITA VIRTUAL Á UVIGO

Imaxe
Seguindo coas actividades de orientación académica, o día 14 de maio  a UVigo organiza unha  Xornada de Portas Abertas Virtual, onde poderedes preguntarlle ao profesorado das diferentes titulacións todas as cuestións que precisedes para definir o voso futuro académico.  En función do ámbito de coñecemento que vos interese, podedes entrar na sala que corresponda coa clave de acceso (deslizando na seguinte táboa). Para máis info preme aquí . Horario Centros Sala directo Clave Streaming directo 11.00-12.00 h Artes e Humanidades 1 R2h5JAdg     Acceso 12.00-13.00 h Xurídico-Social 2 CLzJ5Qt9     Acceso 16.00-17.00 h Ciencias e Ciencias da Saúde 1 R2h5JAdg     Acceso 17.00-18.00 h Enxeñaría e Arquitectura

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

Imaxe
Información de interese para o alumnado de bacharelato, tanto 1° como 2° curso, e para o de Ciclo Formativo de Grao Superior interesado no acceso á Universidade, xa que a UVigo programa unha Xornada virtual de orientación para o vindeiro mércores 13 de maio, de 17:00 a 19:30h. Poderedes acceder dende as vosas casas á información completa sobre as novidades da ABAU, a preinscrición, o acceso, a matrícula, a oferta dos graos e as súas saídas profesionais así como sobre os distintos servizos xerais da universidade. Para acceder podedes ir dende aquí:  Campus Remoto  coa clave de acceso do estudantado:  5b9Uvb Para máis información consultade a páxina web da UVigo premendo aquí .

ABAU: NOVOS MODELOS EXAME

Imaxe
A CIUG publicou hoxe os novos modelos de exame baseados nas novas instrucións para o desenvolvemento da ABAU nesta situación de estado de alarma. Como veredes, trátase dun só modelo de exame, por cada materia, con múltiples opcións de preguntas a escoller, segundo as vosas preferencias, tendo en conta o número que se sinale en cada proba. Preme aquí para acceder aos modelos de exame por materia.

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL 2º BACH

Imaxe
Estimadas alumnas e alumnos de 2º de bacharelato: Ante todo, moito ánimo! Xa sabedes que as últimas novas acerca da ABAU falan dun aprazamento desta (veremos en que queda). En principio, deberiades continuar coa vosa rutina de exercicios e repasos do material que vos envía o profesorado. Paralelamente, nalgún momento no que vos apeteza, facede unha reflexión acerca dos vosos intereses e preferencias no que aos graos universitarios se refire, así como unha revisión das notas de corte e das ponderacións, para ter a seguridade de que tedes esa información controlada. Aínda que xa o sabedes, deixovos os enlaces á nosa páxina de referencia para estas consultas, a da CIUG : Número de prazas e notas de corte. Aquí. Ponderacións. Aquí. Por suposto, para as persoas que están máis orientadas a facer un Ciclo formativo de Grao Superior , aínda que opino que realizar a ABAU nunca está demais (é o momento de facelo se titulades. Se aprobades a fase xeral, esa nota é...

ABAU: NOVAS DATAS

A  Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) acordaron hoxe fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano. Trátase das datas nas que estaba prevista –con anterioridade á crise sanitaria– a proba extraordinaria en Galicia. Para máis información preme aquí .

ABAU: NOVIDADES

Imaxe
A ABAU celebrarase entre o 22 de xuño e o 10 de xullo en convocatoria ordinaria e antes do 10 de setembro en extraordinaria, segundo aprobou hoxe a Conferencia Sectorial de Educación. O modelo de exame axustarase á excepcionalidade que supón o actual estado de alarma para non perxudicar ao alumnado. Para máis información preme aquí .

INSTRUCIÓNS ABAU 2020

Imaxe

PROBAS LIBRES ESO E BACHARELATO

Imaxe
A consellería publica a convocatoria para a realización das probas libres para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato neste curso 19/20. Podedes consultar toda a información sobre estas convocatorias (prazos, requisitos, exames anteriores) premendo na seguinte ligazón: Probas ESO/Bacharelato

VISITA CAMPUS USC

Imaxe
Este martes visitamos o campus universitario da Universidade de Santiago de Compostela, dentro da xornada de portas abertas organizada por ésta. O alumnado de 2° de bacharelato puido escoller que facultades visitar durante a mañá, tanto no campus norte como no sur. Comimos despois no comedor universitario e fixemos unha visita guiada á residencia de estudantes "Monte da Condesa". Pola tarde tempo libre para pasear pola alameda e a zona vella de Compostela, antes de voltar a Redondela. Este tipo de actividades, dentro do programa de orientación académica e profesional, son sempre produtivas para coñecer de cerca a realidade das distintas facultades así como o ambiente universitario in situ. Por certo, atopámonos con Jorge Mira no comedor, divulgador científico e profesor na facultade de Física desta universidade. Grazas ás profesoras e titoras de 2° Bach, Marga Tovar e Olga Lalín, polo voso apoio e acompañamento nesta xornada de orientación. ...

CHARLA USC-2° BACH

Imaxe
Hoxe tivemos unha charla sobre as titulacións e a vida universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, impartida pola profesora María Jesús Giráldez. Coñecimos os graos que se imparten nos dous campus, Santiago e Lugo, as posibilidades de obter certificacións en idiomas dende a propia universidade, equipos deportivos ou voluntariado dende as diversas facultades. Próximamente visitaremos o campus universitario para completar as actividades do Programa de orientación académica e profesional con bacharelato.

CHARLA UVIGO-1°BACH

Imaxe
Este mércores estivo con nós Ricardo Corderí, xefe do servizo de extensión universitaria da Universidade de Vigo, para presentarnos a oferta educativa desta, así como achegarnos á vida universitaria noutros aspectos como o de ocio e tempo libre en actividades universitarias deportivas, de teatro, voluntariado, etc. Ademais, falou das distintas becas que ofertan e dos programas de mobilidade estudiantil. Un aspecto moi interesante que ofrece a UVigo é o programa de mentorazgo, baseado no apoio de alumnos e alumnas de último curso ao alumnado de novo ingreso, nas distintas facultades. Para máis información, podedes consultar a páxina web: https://www.uvigo.gal/