Publicacións

O PRIMEIRO MÓBIL

Imaxe
Cando mercar o primeiro móbil?  Hoxe en día é unha das preocupacións de moitas familias nas que se valora a necesidade, conveniencia ou non, de que os seus fillos e fillas comecen a ter móbil propio. Na adolescencia, a presión social e de grupo inflúe moitísimo nesta toma de decisións. Deixámosvos uns "tips" que vos poden axudar a facer esa valoración. Tamén podedes ver o seguinte vídeo:

2 ABRIL-DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Imaxe
O lema deste ano: "Podo aprender, podo traballar". Cos apoios necesarios todo é posible!

PSICOLOXÍA E SAÚDE MENTAL

Imaxe
Onte, martes 23 de marzo, tivemos unha charla coa psicóloga da Asociación Lenda, Maica Álvarez, e cun usuario da mesma, José, na materia de Psicoloxía, optativa de 2° de bacharelato. O alumnado desta materia xunto co profesor,  Ramón Soler, puideron aclarar cuestións como que se considera saúde mental e como cando non nos atopamos estables psíquicamente pódese alterar o noso funcionamento a nivel cognitivo, físico, motor, social, etc.  Ademais, faláronnos dos recursos cos que podemos contar para coidar a nosa saúde mental. Tamén nos ofreceron unha relación de series e películas sobre o tema moi interesantes. Grazas de novo a Maica pola súa profesionalidade e a José pola narración da súa experiencia persoal. Esta actividade forma parte das organizadas a través dos Contratos-Programa da Consellería, dentro de Inclúe-T. 

21M-DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

Imaxe
Decálogo pola inclusión:

PFPP: FORMACIÓN APRENDIZAXE COOPERATIVA

Imaxe
Esta tarde tivemos unha nova sesión de formación do grupo de profesorado de Aprendizaxe Cooperativa , dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado do IES no que nos asesora o CFR de Vigo.  Esta vez tocaba revisar o quebracabezas como estrutura complexa para levar ás aulas. José Ramón Lago, coordinador do programa da Universidade de Vic,  dirixiu esta sesión do grupo de Xeneralización. Mañá teremos unha nova xuntanza, co grupo de Introdución , na que José Ramón explicará o ámbito C do programa: os cadernos e plans de equipo. Deixámosvos unhas imaxes desta nova sesión virtual, na que faltan algunhas persoas que non puideron asistir hoxe. Seguimos avanzando!

8-M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
 

USO SAUDABLE DE INTERNET. 10 CONSELLOS PARA AS FAMILIAS

Imaxe
 

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

Imaxe
Este mércores tivemos a última sesión do Obradoiro de Promoción da saúde mental a cargo de Maica Álvarez, psicóloga da Asociación Lenda de Redondela, con 1° curso do ciclo básico de Electricidade e Electrónica. Foi unha sorte contar nesta ocasión coa presenza de José, que nos contou, sinceira e desinteresadamente, a súa experiencia persoal. Moitas grazas pola vosa intervención, coa que tanto aprendimos. Xa vos esperamos para a seguinte con 2° de bacharelato! Como o bo tempo nos acompañou, aproveitamos para facer a sesión no exterior. Deixámosvos unhas imaxes.

24F- DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
 

QUÉROTE + OBRADOIRO AUTOESTIMA E IMAXE CORPORAL

Imaxe
Hoxe tivemos con nós a Noa Tilve, psicóloga do centro Quérote +, que impartiu dous obradoiros acerca da Imaxe corporal e a Autoestima nos grupos de 3° ESO A e 3° ESO B. Foron unhas sesións moi interesantes e enriquecedoras, moi ben valoradas polo alumnado, que xa pide máis charlas. Deixámosvos unhas fotos da xornada e o enlace á páxina web de Quérote + , onde podedes ter acceso a todos os servizos que ofrecen á xuventude, clicando na imaxe.