- Blog do Departamento de Orientación - IES Pedro Floriani de Redondela-
Pretendemos achegar a toda a comunidade educativa novas de interese e ferramentas diversas, ademais de mostrar algunhas das actividades que levamos a cabo no noso centro.
Grazas por visitarnos!
Información de interese para o alumnado de bacharelato, tanto 1° como 2° curso, e para o de Ciclo Formativo de Grao Superior interesado no acceso á Universidade, xa que a UVigo programa unha Xornada virtual de orientación para o vindeiro mércores 13 de maio, de 17:00 a 19:30h. Poderedes acceder dende as vosas casas á información completa sobre as novidades da ABAU, a preinscrición, o acceso, a matrícula, a oferta dos graos e as súas saídas profesionais así como sobre os distintos servizos xerais da universidade. Para acceder podedes ir dende aquí: Campus Remoto coa clave de acceso do estudantado: 5b9Uvb Para máis información consultade a páxina web da UVigo premendo aquí .
IGUALDADE: Condición ou circunstancia de ter una mesma natureza, cantidade, calidade, valor ou forma, ou de compartir algunha calidade ou característica. Proporción ou correspondencia entre as partes que uniformemente compoñen un todo. EQUIDADE: Calidade que consiste en dar a cada un o que se merece en función dos seus méritos ou condicións. Calidade que consiste en non favorecer no trato a unha persoa prexudicando a outra.
Comentarios
Publicar un comentario