Publicacións populares deste blog
XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)
Información de interese para o alumnado de bacharelato, tanto 1° como 2° curso, e para o de Ciclo Formativo de Grao Superior interesado no acceso á Universidade, xa que a UVigo programa unha Xornada virtual de orientación para o vindeiro mércores 13 de maio, de 17:00 a 19:30h. Poderedes acceder dende as vosas casas á información completa sobre as novidades da ABAU, a preinscrición, o acceso, a matrícula, a oferta dos graos e as súas saídas profesionais así como sobre os distintos servizos xerais da universidade. Para acceder podedes ir dende aquí: Campus Remoto coa clave de acceso do estudantado: 5b9Uvb Para máis información consultade a páxina web da UVigo premendo aquí .
ADMISIÓN FP 21-22
Xa temos o calendario de admisión para o acceso ás ensinanzas de Grao Medio e Grao Superior de Formación Profesional para o vindeiro curso 21-22. Ao igual que o curso pasado, o prazo de solicitudes comeza o 25 de xuño. Deixámosvos o calendario completo na seguinte imaxe. Para consultar máis información, podedes premer aquí .

Fran moita forza con este novo proxecto. Unha aperta.
ResponderEliminar