ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA PARA O CURSO 2016/2017
A Resolución do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e
admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o
curso 2016/17.
- Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o 29 de abril e o día 14 de xuño, ambos incluídos.
REQUISITOS DE ACCESO:
- Título de Bacharelato ou Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- No caso de ter materias pendentes de bacharelato é posible realizar as probas e matricularse provisionalmente nas ensinanzas, tendo ata o inicio de curso (comezos de setembro) prazo para acreditar a obtencióndo título de Bacharelato.
PROBAS:
- Proba común a todas as especialidades:
- Análise dun fragmento dunha obra literaria.
- Análise dun fragmento dun ensaio teatral.
- Proba específica según especialidades:
- INTERPRETACIÓN: 1) Traballo en grupo. 2) Traballo de interpretación. 3) Entrevista persoal.
- DIRECCIÓN DE ESCENA E DRAMATURXIA: 1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria. 2) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática. 3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia. 4) Proba de dirección de actores. 5) Entrevista persoal.
- ESCENOGRAFÍA: 1) Realización dun debuxo do natural. 2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto. 3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía. 4) Entrevista persoal.
Comentarios
Publicar un comentario