CIUG - RESUMO DO ACCESO A UNIVERSIDADE
RESUMO DO QUE NOS QUEDA POR FACER
15 de xuño: Publicación dos criterios específicos de avaliación de
cada materia (WEB da CiUG).
17 de xuño: Cualificacións provisionais da PAU,
difusión a través de Internet e exposición na CiUG das actas provisionais da
PAU (a partir das 20,00 horas) e envío polos responsables do soporte NERTA
aos interesados, por correo electrónico, das cualificacións provisionais
da PAU.
|
18 a 21 xuño: Solicitudes de reclamación e segunda
corrección das cualificacións das PAU. No caso de desacordo con
algunha nota deberás valorar a conveniencia de solicitar reclamación ou segunda
corrección. No seguinte enlace da CiUG tedes unha explicación do proceso
e das posibles consecuencias: http://ciug.cesga.es/reclamacion.php
21 xuño: Os LERD enviarán por correo aos centros
de ensino secundario as Tarxetas de cualificación da PAU.
23 xuño:
fanse públicas as as cualificacións despois da resolución das reclamacións e
solicitudes de 2ª corrección.
|
20 xuño a 1 xullo: Solicitude Ordinaria de Admisión (Preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias
oficiais de Grao no SUG (Sistema Universitario de Galicia). No seguinte
enlace tedes a oferta de prazas en graos universitarios nas Universidades
Galegas: http://ciug.gal/PDF/ofertaycortes16.pdf.
Esta oferta de prazas para o
curso 2016/17 é provisional e está pendente de aprobación pola Conferencia
General de política universitaria.
- Esta solicitude poderase
facer a través da aplicación NERTA, non sendo preciso neste caso
a entrega da mesma nos LERD (Lugares de Envío e Recollida de Documentación).
É recomendable a aprendizaxe de uso do programa NERTA para facer as
solicitudes anteriores: http://ciug.cesga.es/PDF/nertaalumnadoinstrucions.pdf
- No seguinte enlace da CiUG tes información
sobre o proceso de admisión: http://ciug.cesga.es/preins.php
|
30 xuño: Publícanse as cualificacións despois de
resolver as solicitudes de reclamación e segunda corrección.
2 xullo: Cualificacións definitivas despois das reclamacións
ao resultado da segunda corrección se é o caso.
|
12 xullo:
- Publicación na CiUG e nos
LERD das listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.
- Exposición na Internet, ás
18.00 horas, das listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de
matrícula.
- Envío polos responsables do
NERTA aos interesados, por correo electrónico, do estado da súa matrícula.
|
1º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 13
ao 15 de xullo (ata 14.00 horas do día 15)
2º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 20
ao 22 de xullo (ata 14.00 horas do día 22)
3º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 27
ao 29 de xullo (ata 14.00 horas do día 29)
Procedemento de matrícula nas universidades galegas - CiUG:http://ciug.cesga.es/procedementoacceso.php
Lugares de matrícula das tres
universidades galegas: http://ciug.cesga.es/lugares.php
Fonte: Blog de orientación do IES DO CASTRO DE VIGO |
Comentarios
Publicar un comentario