PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE
Tes de prazo para facer a preinscripción na universidade en Galicia desde o 20 de Xuño ao 1 de Xullo do 2016.
Recorda que todas as carreiras en Galicia teñen límite de prazas, polo que terás que facer obligatoriamente unha preinscripción, esperar a ser admitido e logo a matricula.
Debes estar moi atento ás listas de admitidos e aos prazos de matrícula.
Aquí tes todas as normas acerca do procedemento de preinscripción.
Tamén podes consultar o procedemento de preinscripción na web da CIUG.
Podes facer a preinscripción online a través de NERTA ou entregando o impreso en papel nos LERDS. Si realizas a preinscripción en nerta debes ler antes as instrucións de uso da aplicación.
MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE GALICIA 2016-2017: Calendario - Procedemento - Lugares.
PARA ESTUDAR FÓRA DE GALICIA: Si desexas estudar fóra de Galicia debes consultar as normas e os prazos da universidade á que desexas acceder. A través destes enlaces poderás informarte.
Fonte: Mónica Diz Orienta
Comentarios
Publicar un comentario