GRADUACIÓN BACHARELATO E CICLOS FP

O venres 22 de xuño, ás 18h, tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 2° de bacharelato e ciclos medios e superiores de formación profesional do Floriani.

Ao mesmo tempo se publicaban as listaxes provisionais das notas da ABAU, provocando o lóxico nerviosismo no auditorio (para ben, xa que 100% aprobados/as!!!).

Presentadores de excepción,  Lucía e Alberto, discurso da directora, Sonia Casar, da profesora e titora de 2° bach, María Lorenzo, dos alumnos de Ciencias, Pablo García, e de Humanidades, Pablo Lugo, actuación da alumna de bach Tamara, e entrega de orlas e agasallos aos mellores expedientes (Alba Correa, David Chao, Pablo García, Pablo Lugo e Charo).






Noraboa a todos e a todas e moita sorte no próximo destino!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE