- Blog do Departamento de Orientación - IES Pedro Floriani de Redondela-
Pretendemos achegar a toda a comunidade educativa novas de interese e ferramentas diversas, ademais de mostrar algunhas das actividades que levamos a cabo no noso centro.
Grazas por visitarnos!
GRAZAS KATY
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Grazas pola túa valentía e xenerosidade.
Marta Caterina é alumna do Ciclo Medio de Xestión administrativa do IES Pedro Floriani.
Hoxe tivemos, para o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, unha charla impartida polo profesor Emilio García Roselló, da Universidade de Vigo, sobre o Grao en Comercio. Este Grao é único en Galicia e tal vez sexa algo descoñecido, pero preséntase como unha saída moi interesante para o noso alumnado do Ciclo Superior de Admón e Finanzas que queira seguir formando a súa carreira no ámbito da empresa ou para todos/as aqueles/as con gañas de emprender nun futuro, xa que o Grao en Comercio aporta unha formación multidisciplinar no seu ámbito. A facultade, como curiosidade, é das poucas situadas no centro da cidade (Torrecedeira) e non no campus do CUVI. Emilio deixounos algúns folletos informativos pero podedes consultar toda a info sobre este Grao na súa páxina web . Grazas polas túas interesantes aportacións!
Información de interese para o alumnado de bacharelato, tanto 1° como 2° curso, e para o de Ciclo Formativo de Grao Superior interesado no acceso á Universidade, xa que a UVigo programa unha Xornada virtual de orientación para o vindeiro mércores 13 de maio, de 17:00 a 19:30h. Poderedes acceder dende as vosas casas á información completa sobre as novidades da ABAU, a preinscrición, o acceso, a matrícula, a oferta dos graos e as súas saídas profesionais así como sobre os distintos servizos xerais da universidade. Para acceder podedes ir dende aquí: Campus Remoto coa clave de acceso do estudantado: 5b9Uvb Para máis información consultade a páxina web da UVigo premendo aquí .
Comentarios
Publicar un comentario