O IES ILLA SAN SIMÓN VISITANOS!
Esta mañá tivemos no Floriani a visita do alumnado de 4° ESO do IES Illa de San Simón acompañados por Noemí, a súa orientadora, xunto co director e un profesor.
No salón de actos fixemos unha charla introdutoria para presentar o noso centro e a oferta educativa e de actividades complementarias.
Despois fixemos un percorrido polo IES visitando os ciclos medios de electricidade e administración, o taller de tecnoloxía e robótica, a aula de música, laboratorio de bioloxía, aula de informática e aula de plástica, para rematar coñecendo a Biblioteca cun almorzo de media mañá.
Grazas pola vosa visita e esperamos tervos pronto cursando ensinanzas post-obrigatorias no Floriani!
Grazas como sempre a todo o profesorado que participou deste percorrido dedicándonos o seu tempo: Víctor, Rosa Otero, Pilar Dios, Belén, Cristina, Laura, Eva, Chus e Sonia. E ao alumnado acompañante!
Comentarios
Publicar un comentario