RISCOS DE INTERNET-PLAN DIRECTOR CONVIVENCIA
O alumnado de 1°ESO acudiu este venres 22 de febreiro a unha charla impartida pola subinspectora da Policía, Mercedes Dabán, nesta ocasión acerca de Internet, as redes sociais e como facer un uso seguro destas.
Con casos reais comprendemos a importancia da pegada dixital e como pode influír o que publicamos na rede nas nosas vidas e nas dos demais.
A pesar de que contamos con este tipo de información, moito alumnado menor de idade, e as súas familias, segue sin ser consciente dos perigos dun uso inadecuado destas redes.
Grazas Mercedes!
Comentarios
Publicar un comentario