VISITA DO ALUMNADO 4°ESO A CICLOS MEDIOS
Hoxe o noso alumnado de 4° ESO visitou os ciclos medios que temos no IES, Xestión administrativa e Instalación de telecomunicacións. Coñecimos da man do profesorado e alumnado de primeiro curso o que se imparte nestes ciclos, os seus módulos e o carácter práctico que teñen.
Esta é a última actividade do programa de orientación académica a 4° ESO desenvolto neste curso. Agora só queda obter o título e tomar ben as decisións que tocan.
Ánimo e grazas pola vosa colaboración!






Comentarios
Publicar un comentario