XORNADA ACOLLIDA 6° E. PRIMARIA

Como é habitual, no mes de maio recibimos a visita do noso futuro alumnado de 6° de educación primaria dos coles adscritos: Porto Cabeiro e Reboreda. Esta xornada organízase entre os departamentos de orientación dentro do Plan de acollida na transición Primaria-Secundaria. Agora queda o traspaso de información para organizar o comezo do próximo curso.

Deixámosvos algunhas fotos deste día, que comezou cunha charla no salón de actos e rematou cun almorzo na biblio e pequeno concerto de despedida. 

Grazas ao alumnado axudante e de mediación que nos acompañou: Sheila, Adrián e Susana e Yassin.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE