ESCOLA DE NAIS E PAIS: RESPONSABILIDADE DAS FAMILIAS NA EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL E USO DE INTERNET

Este xoves 27, tras a reunión mantida coas familias de 1° ESO acerca das responsabilidades sobre a educación afectivo-sexual e o uso das novas tecnoloxías en adolescentes, tivemos unha nova sesión de Escola de nais e pais con Sonia Morán, sexóloga traballadora do centro Quérote+ de Vigo, que nos axudou a reflexionar acerca de como son hoxe en día as relacións afectivas entre mozos e mozas, e como algúns aspectos destas semellan experimentar un retroceso cara a unhas relacións pouco saudables. 

Sabemos que establecer unha comunicación baseada na confianza no seo familiar é fundamental para que sexa efectiva e para o desenvolvemento afectivo e que isto, xunto coa importancia do respecto polos demais, serán os piares fundamentais a traballar tanto dende a familia como dende a escola.

Esperamos que esta sesión teña servido para facernos pensar, reflexionar e poder introducir pouco a pouco algúns cambios que axuden a mellorar a convivencia, dende a familia, o centro educativo e facelos extensibles a outros ámbitos do día a día.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE