CONSULTAS POR CORREO ELECTRÓNICO

Estimadas familias e alumnado.
Esperamos que levedes este confinamento na casa coa maior tranquilidade posible. Para iso, entre outras cousas, será importante ter unha boa organización das xornadas diarias que nos esperan en canto a traballo académico, repasos e tarefas, e momentos de ocio no fogar. 

Coa intención de poder resolver posibles dúbidas ou consultas en canto a orientación académica e profesional, ou outras relacionadas co ámbito educativo, habilitamos unha conta de correo electrónico para que nos fagades chegar as mesmas ao Dpto. de orientación.


A dirección é orientadorafloriani@gmail.com

Estaremos a vosa disposición a diario a través desta, e respostaremos na maior brevidade posible.

Unha aperta!
Rosa Cameselle.
Dpto. de Orientación-IES Pedro Floriani.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE