ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL 2º BACH

Estimadas alumnas e alumnos de 2º de bacharelato:

Ante todo, moito ánimo!

Xa sabedes que as últimas novas acerca da ABAU falan dun aprazamento desta (veremos en que queda). En principio, deberiades continuar coa vosa rutina de exercicios e repasos do material que vos envía o profesorado. Paralelamente, nalgún momento no que vos apeteza, facede unha reflexión acerca dos vosos intereses e preferencias no que aos graos universitarios se refire, así como unha revisión das notas de corte e das ponderacións, para ter a seguridade de que tedes esa información controlada.


Aínda que xa o sabedes, deixovos os enlaces á nosa páxina de referencia para estas consultas, a da CIUG:


  • Número de prazas e notas de corte. Aquí.
  • Ponderacións. Aquí.
Por suposto, para as persoas que están máis orientadas a facer un Ciclo formativo de Grao Superior, aínda que opino que realizar a ABAU nunca está demais (é o momento de facelo se titulades. Se aprobades a fase xeral, esa nota é para sempre), deixovos o enlace aos folletos informativos das diversas familias profesionais de FP que temos en Galicia:

Unha última recomendación: consultade sempre a información nas páxinas web oficiais de cada centro ou facultade. A información veraz e actualizada sempre a atoparedes na páxina correspondente a eses estudos (hai moitas páxinas que ofertan cursos, info xeral, etc, que non están actualizadas ou son erróneas).

Para calquera dúbida ou consulta, podes escribirme a: orientadorafloriani@gmail.com

Unha aperta!
Rosa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE