ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL 4º ESO

Estimadas alumnas e alumnos de 4º ESO:
Tiñamos comezado xa o Programa de Orientación Académico-Profesional coas charlas sobre bacharelato e ciclos formativos de FP, e algunha actividade de autocoñecemento acerca das vosas preferencias, pero quedábannos cousas por facer. Imos aproveitar estes días na casa para, nalgún ratiño que vos apeteza, reflexionar acerca do voso futuro académico máis próximo.
O proceso de orientación vocacional pasa por tres fases: Autocoñecemento, Coñecemento do sistema educativo e do mundo laboral e Toma de decisións.
Autocoñecemento: o coñecemento que tedes de vós mesmos/as (o que vos gusta, intereses, as vosas aptitudes -o que se vos da ben e mal, as materias nas que sacades boas notas…-, os vosos valores, etc). Este é o primeiro aspecto sobre o que debedes recapacitar. 
Para axudarvos, deixovos:
  • un cuestionario que ofrece un informe final bastante completo. Preme aquí. 
  • E unha batería de test online que valora as aptitudes persoais, as destrezas e as preferencias para dar como conclusión unha área de coñecemento específica. Preme aquí.
A elección do voso futuro académico-profesional implica un exercicio de profunda reflexión persoal sobre como sodes, que vos gusta e a que vos gustaría dedicarvos. 
Pensade que nun posto de traballo pasamos moito tempo, unhas 7 ou 8 horas cada día. Facede a multiplicación: 7 horas/día x 5 días á semana, 4 semanas ao mes, 11 ou 12 meses ao ano… Saen moitas horas, verdade

Para dúbidas ou consultas podedes escribirme a:
orientadorafloriani@gmail.com


Comentarios

Publicacións populares deste blog

XORNADA ORIENTACIÓN UVIGO (Ori. Académica Bach e CS)

IGUALDADE / EQUIDADE